CRTVG

Buscar

"Depender de nós mesmos é algo que asinariamos antes deste partido"

Publicado o 25/05/2021 21:32

O Lugo deu un paso fundamental para pelexar pola permanencia. Na última xornada volve depender de si mesmo. E iso reforza a moral e as posibilidades.

Campabadal, C. D. Lugo: "Depender de nós mesmo no campo do Raio é algo que asinariamos antes de xogar o último partido".

O Lugo líbrase do descenso se gaña en Vallecas. Pero se empata ou perde teno complicado porque só ten o gol average gañado co Logroñés e os rioxanos reciben ás Palmas que non ten obxectivos, igual que o rival do Sabadell, o Mirándés. En caso de triplo empate a 44 puntos descende o Lugo. E con triplo empate a 45 tamén descende o Lugo e só un cuádruplo empate salva os galegos pero tería que gañar o Castellón, que xa está descendido.
E o Raio vai estar xogándose unha praza de playoff polo ascenso co Sporting. E se os asturianos gañan no Molinón ós madrileños so lles vale a vitoria.

Gerard Valentín, C. D. Lugo: "Eles xogan moito e nós, tamén. Nunca se sabe..., nesta categoría todo o mundo lle compite a todo o mundo".

O Lugo chega á súa final en pleno subidón e con Gerad Valentín "on fire", despois dos dous goles ó Cartaxena: "Estou pletórico"

A cabeza terá que gañarlle ás pernas esgotadas.

Campabadal: "Todo é mental e por mentalidade non nos gaña mingúen. Imos ir a morte alí".

A experiencia de vivir no fío da navalla tamén conta.

Noticias web

25/05/2021