CRTVG

Buscar

Denuncian venda de drogas nun edificio abandonado do barrio do Birloque, na Coruña

Publicado o 26/12/2019 14:29

Un edificio abandonado e un treito da rúa Mozart que quedou sen abrir no Birloque por mor das irregularidades na construción. Desde entón, din os veciños, converteuse nun foco de delincuencia para o barrio.

Os veciños xa se dirixiron ao Concello para que tome medidas, pero o asunto está pendente de trámites xudiciais.

O paso do tempo está deteriorando cada vez máis o inmoble. Os veciños temen que se poida producir algunha desgraza.

Os veciños reclámanlle ao Concello que tapie o edificio e que abra a rúa ao tráfico como solución provisional mentres chega a decisión xudicial.

Noticias web

26/12/2019