Denuncian unha condutora contaxiada de covid-19 que saltou a corentena en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a condutora dun vehículo tras comprobar que dera positivo por covid-19 e que saltou a corentena correspondente.
Segundo informou a Policía Local, os feitos sucederon onte -día 23 de setembro- cando os axentes interceptaron unha condutora que circulaba co seu vehículo pola vía pública e comprobaron que dera positivo por covid-19.
Ademais, confirmaron que a muller non realizara a proba concertada para días máis tarde, para saber se seguía estando infectada de coronavirus, ao entender que "seguía sendo positivo".
Por iso, tramitaron a correspondente denuncia por "neglixencia grave" e por "poñer en risco" a saúde das demais persoas, ao "incumprir a corentena" e o illamento forzoso tras dar positivo por covid-19.
Así mesmo, a pasada madrugada axentes da Policía Local denunciaron dúas persoas que transitaban pola vía pública sen facer uso da máscara obrigatoria.