CRTVG

Buscar

Denuncian un home de 70 anos en Vigo por facer tocamentos a mulleres pola rúa

Publicado o 19/02/2019 17:16

Un home de 77 anos foi denunciado por realizar, supostamente, tocamentos a varias mulleres, en pleno centro de Vigo. Os feitos tiveron lugar nas rúas Príncipe e Urzáiz. Unha dotación da Policía Local acudiu á zona alertada por varias viandantes. Segundo as vítimas, o home poñíase ao carón delas e estendía o brazo para tocarlles a entreperna. O home repetiu a mesma acción con varias mulleres e mesmo chegou a gravar algúns dos tocamentos co teléfono móbil.

Grazas á descrición achegada polas vítimas, os axentes localizárono e informárono de que quedaba denunciado en dilixencias xudiciais.

Noticias web

19/02/2019