CRTVG

Buscar

Denuncian un restaurante que mantiña a actividade ata preto da medianoite

Publicado o 16/04/2021 14:11

Foi unha chamada dun veciño da rúa Eulogio Gómez Franqueira, no barrio da Ponte de Ourense, a que alertou a policía de que había actividade no interior dun restaurante, malia que case era medianoite.

"Recibimos unha denuncia de que se está a exercer ctividade nun local de hostalería preto das 12 da noite. Cando non se pode exercer a actividade de cara ao público. Cando chegamos ao local, que tiña a persiana semibaixada, pois ao entrar ao local estaban saindo 3 clientes sin máscara e dentro outro cliente máis o persoal que formaba parte do local", informa Baldomero Rubio, inspector da Policía Local de Ourense.

Tras comprobar que había evidencias de que se estivera realizando actividade cara ao público fóra do horario establecido, os axentes procederon a instruír as actas de infracción.

"Por actividade que se estaba exercendo fóra de horario, porque algúns deles estaban sen máscara e algún outro estaba fumando no local en contra da normativa sanitaria que o impide; e os propios clientes que estaban infrinxindo o horario do propio toque de queda", di o inspector da Policía Local de Ourense, Baldomero Rubio.

En total foron denunciadas e sancionadas sete persoas. Entre elas os propietarios do local, unha empregada e catro clientes.

Noticias web

16/04/2021