CRTVG

Buscar

Denuncian un novo acto vandálico nun colexio de Vilatuxe, en Lalín

Publicado o 03/05/2019 13:42

Desgusto e desconcerto entre a comunidade educativa do colexio de Vilatuxe en Lalín, polos estragos que uns descoñecidos causaron no centro na xornada festiva do mércores.

Pintadas nas paredes e unha canastra estragada son algúns dos danos que provocaron e que agora deberá custear o Concello. Isto foi o que atoparon os alumnos do colexio Vicente de la Maza de Vilatuxe, en Lalín, cando saíron ao recreo onte. Pintadas nas paredes, unha canastra dobrada, a tubaxe da calefacción golpeada a pedradas e un valado de madeira incrustado nun enreixado de ferro.

Non é a primeira vez que o colexio é obxecto de actos vandálicos, e por iso desta volta presentaron denuncia na Garda Civil. Tamén emprenderon unha campaña de concienciación entre a comunidade educativa e na contorna para que feitos deste tipo non se repitan.

A dirección do centro xa contactou co Concello, a quen compete a reparación dos danos, que aínda non foron avaliados.

Noticias web

03/05/2019