Denuncian un negocio de Vigo por vender patinetes coas prestacións dun ciclomotor
Publicado o 02/07/2020 20:49
Todo xurdiu a raíz dunha investigación da Garda Civil que detectou falsos patinetes nas estradas. Procedían dun establecemento de Vigo, pero tiñan as características e acadaban a velocidade dun ciclomotor.
As alarmas saltaron cando comezaron a rexistrarse delitos cometidos polos condutores destes supostos patinetes que non cumprían cos requisitos que marca a lei: ser eléctricos, monopraza, non levar asento, salvo excepcións, e o máis importante non superar os 25 quilometros por hora
A Garda Civil detectou que as vendas procedían de Vigo, pero tamén de establecementos doutras provincias ás que se derivaron actuacións xudicais
En defensa dos consumidores enganados, a Fiscalía Provincial de Pontevedra xa presentou demanda