Multan un 'Papá Noel' en Marín cando saía da casa duns amigos
Publicado o 01/04/2020 17:29

As medidas de confinamento decretadas polos estado de alarma aplícanse a todo o mundo, incluído Papá Noel. E senón, que llo digan ao home que tentou saltarse as restricións disfrazándose desta personaxe entrañable que agasalla aos nenos polo Nadal.
Os axentes da Policía Local interceptárono preto das dúas da madrugada deste mércores, cando o individuo saía da casa duns amigos. O home foi denunciado por infrinxir as limitacións de movemento, aínda que este "paseo invernal" en pleno mes de abril, lembra con sarcasmo a Policía Local de Marín, non se recoñece aínda como servizo esencial. O home enfróntase agora a unha multa que vai dende os 600 ata os 30.000 euros.