CRTVG

Buscar

Denuncian tres polbeiras que traballaban a carón de negocios de hostalería en Pontevedra

Publicado o 10/06/2021 15:20

Polémica en Pontevedra pola elaboración de polbo á feira nas terrazas dalgúns bares. Unha primeira denuncia pola suposta irregularidade dun deses postos provocou unha sorte de efecto dominó e a Policía Local acabou obrigando a desmontar uns cantos máis. Todo polo limbo legal en que están estes postos ambulantes. 

A primeira denuncia producíase apenas media hora despois de que a polbeira se instalase entre estes dous locais hostaleiros da rúa Cruz Gallastegui. Unha práctica habitual para a que os propietarios dos negocios consultaron os requisitos no Concello. Habilitaron parte dunhas das terrazas para non invadir a rúa. Foi entón cando se queixaron do agravio comparativo fronte a outros negocios dos arredores que estaban a desenvolver a actividade sen problema ningún.

Desde o Concello aseguran que en ningún caso desde esta institución se está a actuar de oficio contra os polbeiros e que a policía pocedeu ante a denuncia dun particular. Recoñece a existencia dun problema co marco normativo sobre esta actividade pendente de regularizar en toda a comunidade.

Noticias web

10/06/2021