Denuncian tres persoas e un bar en Lugo por incumprir o estado de alarma
Publicado o 06/05/2020 13:23
A Policía Nacional denunciou tres persoas en Lugo por incumprir o estado de alarma cando estaban no interior dun bar aberto.
A raíz da colisión dun vehículo de madrugada no barrio da Milagrosa, os axentes detectaron que a condutora, que carecía de permiso de condución, estaba baixo os efectos do alcohol. Ao requirírselle a documentacion, a muller manifestou que a tiña no interior do bar, onde atoparon outras dúas persoas consumindo bebidas.
Ademais de denunciaren os implicados, tamén puxeron denuncia pola apertura do establecemento.