CRTVG

Buscar

Denuncian que o conflito coa Policía Local de Lugo está a xerar a paralización de obras

Publicado o 30/01/2019 14:58

O conflito entre o Concello de Lugo e a Policía Local está a xerar a paralización de obras na cidade. Así o denuncia a asociación Lugo Monumental logo das queixas recibidas por empresarios da construción. Din que a falta dun responsable que asine as autorizacións que precisan está a paralizar a súa actividade.

Dende o Concello din que a falta de axentes está a xerar unha maior carga de traballo e que instrumentos como as comisións de tráfico deberán constituírse con máis asiduidade, con todo, instan a que cada quen exerza as súas responsabilidades.

Isto súmase aos problemas na xestión do tráfico, onde a falta de axentes reduciu, entre outras cousas, os controis nas saídas dos colexios ou os estacionamentos indebidos.

Noticias web

30/01/2019