CRTVG

Buscar

O atraso na tramitación das viaxes do Imserso pon en perigo 90.000 empregos

Publicado o 09/04/2019 16:24

O sector hostaleiro e de viaxes vive con preocupación as perspectivas para esta temporada de viaxes do Imserso polo atraso na tramitación que está a sufrir este ano o programa de turismo social para persoas maiores, o que efectivamente se coñece como viaxes do Imserso.

A nivel de toda España, o impacto pode ser moi negativo, pois son arredor de dez millóns as estancias que están pendentes de aprobarse e organizarse. Ata 900.000 empregos do sector turístico poderían depender dunha licitación da que aínda non hai noticias e que estaba prevista para finais de 2018.

O Consello de Ministros aprobaba o día 15 de marzo o acordo polo que se autorizaba o Imserso a sacar a licitación do programa de turismo, polo que aínda se agarda.

 

Noticias web

09/04/2019