CRTVG

Buscar

Denuncian que a Sareb retén as súas vivendas en Salceda de Caselas

Publicado o 07/06/2021 14:12

Os pais de Jorge e de Juan asinaron a permuta dun terreno cunha construtora a cambio de dous pisos e un baixo. A empresa foi á quebra e non lles entregou as vivendas, que agora están en mans da Sareb. Os afectados denuncian a imposibilidade de comunicarse con este organismo para tentar chagar a un acordo que desbloquee unha situación que xa dura máis de dez anos.

Jorge vive no edificio, pero, paradoxalmente, non pode facelo en ningunha das vivendas que seu pai xa falecido permutara coa construtora do inmoble e que xamais chegaron a recibir. Jorge e o seu irmán séntense indefensos, xa que non atopan un interlocutor coa Sareb. Hai anos que queren solucionar unha situacion que cualifican de frustrante.

Os afectados aseguran que hai documentos que demostran que a Sareb foi coñecedora do contrato que eles asinaran co promotor dende que se fixo cargo das hipotecas do inmoble. Despois de máis de dez anos, agardan que alguén escoite unha denuncia que non queren ter que seguir xudicializando.  

Noticias web

07/06/2021