CRTVG

Buscar

Denuncian que a metade dos lugares que celebran eventos non contan cos permisos para facelo

Publicado o 12/10/2021 15:41

A organización de convites é unha actividade moi regulada, pero, din desde as asociacións de empresarios, pouco vixiada. A xustiza acaba de suspender a actividade de organización de banquetes no pazo da Merced, de Neda. Pero hai xa outras sentenzas de peche noutros concellos de Galicia.

A Asociación de Emprendedores denuncia que entre un 50 e un 70 % dos locais que organizan este tipo de eventos carece dos permisos necesarios para desenvolver a súa actividade. E advirten das consecuencias porque, no caso das vodas, os noivos poden enfrontarse a importantes sancións.

Desde ASCEGA recomendan que se esixan as licenzas de actividade á hora de contratar a celebración dun evento.

Noticias web

12/10/2021