CRTVG

Buscar

Denuncian os ataques continuos do xabaril en Nogueira de Miño

Publicado o 14/05/2021 14:04

O xabaril está a atacar os cultivos en Nogueira de Miño de maneira continuada. Segundo denuncian os veciños desta parroquia chantadina, os estragos son importantes nas plantacións de patacas e de millo, pero tamén nas viñas e mais nos soutos.

Agora a xente xa está deixando de sementar patacas porque todos os anos o xabaril estropea todo. Dende o sindicato Unións Agrarias reclámanlle á Administración que se paguen os danos ocasionados. Os veciños, ademais, piden que se autoricen batidas para controlar a poboación do xabaril.

O xabaril non só se reproduce de maneira exitosa no sur da provincia de Lugo. Na propia capital é tamén común ver mandas de porcos bravos, coma estes na avenida das Fontiñas.

Noticias web

14/05/2021