CRTVG

Buscar

Denuncian o roubo da campá da capela de Portovello

Publicado o 11/05/2021 12:19
Denuncian o roubo da campá da capela de Portovello

En Ourense, continúan as investigacións para dar coa campá da capela do parque de Portovello, no barrio das Lagoas. Trátase dunha campá do século XIV que apenas mide medio metro. Os veciños decatáronse da súa desaparición o pasado 21 de abril.

Sospeitan que o autor do roubo ten que ser alguén que coñeza moi ben a zona, xa que a capela non está nun lugar moi transitado. O feito de que non houbera danos no tellado nin pegada ningunha da subtracción da campá está a dificultar a investigación. Os veciños están a visitar empresas de fundición por se a levaran para vender o metal.

Noticias web

11/05/2021