CRTVG

Buscar

Denuncian o mal estado dunha estrada nas Nogais, perigosa para o transporte escolar

Publicado o 14/09/2021 14:58

Intransitable, así é como se encontra un tramo de nove quilómetros na estrada que une As Nogais coa parroquia de Torés. Tanto os vehículos particulares como o transporte escolar fan esta ruta varias veces ao día, co perigo que entraña para os ocupantes.

Tanto os pais dos escolares coma o resto dos veciños e mais os negocios da contorna denuncian as continuas avarías derivadas do mal estado da estrada. Os afectados esixen, por tanto, a renovación urxente do pavimento.

Para evitar accidentes ou avarías nos vehículos, moitos dos afectados optan por evitar esta estrada e dar un rodeo ata 15 quilómetros polo concello veciño de Becerreá.

Noticias web

14/09/2021