CRTVG

Buscar

Denuncian o mal estado dunha estrada de Castro de Beiro

Publicado o 05/04/2021 13:33

A veciñanza de Regoalde, na parroquia de Castro de Beiro, di que levan once anos solicitándolle ao Concello de Ourense que lle arranxe a súa estrada principal, xa que é a que os comunica coa cidade, onde teñen todos os servizos. Unha vía en moi mal estado, por onde os traballadores que están obrigados a pasar por aquí a diario teñen que sortear unha fochanca detrás doutra.

É o caso dun taxista, esta desfeita é a ruta máis curta para ir de Amoeiro, a súa base, a Ourense. Di que as fochancas van cada día a peor e xa é imposible esquivalas.

Os condutores afectados están indignados e din que a estrada presenta unha estado terceiromundista, que nin vale para os animais, contan.

Unhas fochancas tan grandes que lles provocan importantes estragos aos vehículos nos amortecedores e nas rodas, varios condutores din que tiveron xa que cambialas.

A veciñanza di que leva once anos solicitando o arranxo da estrada. Séntense abandonados e piden máis servizos para o rural.

Dende o Concello de Ourense aseguran que para a semana que vén comezarán as obras de mellora desta estrada.

Noticias web

05/04/2021