CRTVG

Buscar

Denuncian o mal estado dunha beirarrúa en Vigo

Publicado o 08/04/2021 14:31

Así está desde hai medio ano a beirarrúa da vella avenida de Madrid de Vigo, un vehículo que non frenou arrasou coa baranda e ata agora ninguén a repuxo, malia o gran desnivel de case catro metros existente. Os que máis medo teñen son os propietarios da casa próxima porque quedaron sen proteción, pero a beirarrúa tamén é unha trampa para un peón despistado ou alguén que vaia consultando o móbil.

Non é o único problema, o valado falta en máis sitios e hai desprendementos como este baixo a beirarrúa que amenazan a estabilidade dos viandantes. Hai preto de corenta anos este era o principal acceso a Vigo desde a meseta, agora é case unha rúa máis con centros de formación, de maiores, e dá acceso a dous hospitais.




 

Noticias web

08/04/2021