CRTVG

Buscar

Denuncian erros na amputación da perna do seu fillo tras nacer en Castellón

Publicado o 02/05/2019 22:48

Os pais dun neno denuncian os supostos erros médicos que lle causaron a amputación da perna do seu fillo cando era bebé. O Defensor do Paciente enviou un escrito á Fiscalía Superior.

Os pais do bebé xa presentaran unha demanda contra o centro hospitalario no momento dos feitos reclamando unha indemnización, que fora desestimada. Agora, seis anos despois, deron a coñecer o seu caso ao Defensor do Paciente, cuxa presidenta acaba de reclamar unha investigación para dar coas causas que fixeron que o seu bebé prematuro rematara cunha perna amputada. Segundo a nai, todo se orixinou por unha infección.

Segundo o relato da nai, foi intentando buscar unha vía a través das femorais para tratar a infección cando se equivocaron perforando unha vea mentres buscaban unha arteria, cortando a rega de sangue á perna dereita. Os pais tamén aseguran que o broncodilatador que lle administraban ao acabado de nacer estaba caducado.

Noticias web

02/05/2019