CRTVG

Buscar

Denuncian en Vigo 12 estudantes por unha festa ilegal sen respectar as normas

Publicado o 21/03/2021 21:18

Se non se respectan as normas sanitarias, dificilmente poderemos vencer o virus mentres non finalice este proceso de vacinación. Un exemplo de irresponsabilidade volven ser as festas ilegais. Desta volta, con doce estudantes que participaban nunha festa nun piso en Vigo.

Doce estudantes que non eran conviventes e que incumprían o toque de queda, dado que pasaban das once da noite. Os propios veciños alertaron os axentes, que acudiron a un piso da rúa Areal en Vigo e procederon a disolver a festa e a denunciar os seus participantes por incumpriren as normas sanitarias.

Noticias web

21/03/2021