Denuncian deficiencias no servizo dun centro de día de Lugo
Os traballadores do centro de día Antonio Gandoy, de Lugo, denuncian que a empresa que xestiona o servizo non cumpre co seu contrato. Ademais de adebedarlles unha nómina, sinalan outras moitas deficiencias. Din que non cobren as ausencias do persoal, que non hai acompañantes no servizo de trasporte dos usuarios e que faltan medios básicos para atendelos, como útiles de aseo.
"Hai eivas na prestación do servizo no módulo de atención á saúde psicofísica dos usuarios, a hixiene e o coidado persoal e en moitos casos son os propios usuarios os que teñen que levar os xabóns e as toallas", sinala Manuel Quiñoá Secretario de Organización de CCOO.
Dende o Concello sinalan que xa lle realizaron requirimentos á empresa polo atraso nos pagos, pero din que non teñen ningunha denuncia sobre a falta de medios para atender os usuarios. Con todo, din que investigarán a situación.
"A solución definitiva será a nova adxudicación independentemente de que se investigue estes feitos e no seu caso abrir expediente se é necesario si se están a incumprir as bases", sinala Miguel Fernández, voceiro do Goberno municipal de Lugo.
Dende o Concello sinalan, ademais, que en breve estará listo o novo prego de condicións para sacar a concurso o servizo.