Acusan o condutor dun autobus de realizar tocamentos a menores que transportaba de camiño á escola
Publicado o 15/04/2021 14:36
Segundo confirma a Policía Nacional, o condutor dun autobús de Vilagarcía foi denunciado por cinco familias de nenas menores de nove anos, que relataban que o chofer do vehículo en que a diario acudían ao colexio lles practicaba tocamentos aproveitando as paradas que realizaban ao longo do traxecto.
Unha vez coñecidos os feitos, o home, de 55 anos, foi conducido aos calabozos da comisaría do Corpo Nacional da Policía de Vilagarcía e dende ese momento deixou de traballar para a empresa de transporte que cubría o servizo.
O acusado negou os feitos e, aínda que foi posto en liberdade con cargos, impútaselle un delito contra a liberdade sexual.