Denuncian a presenza de ratas en San Salvador de Poio
Publicado o 31/10/2019 13:07
Está é unha imaxe habitual para os que pasean por este parque público que rodea a recente urbanización Pazo Besada. Antes había mouchos, pero desde que migraron a unha leira próxima, as ratas medraron de xeito exponencial. Sábeo ben Carmen Fernández que pasea a diario co seu can por aquí e vai provista de croios para guindar ás ratas.
A responsable da asociación de veciños considera que a causa principal e o desleixo e a falta de limpeza que hai en moitas zonas verdes e parques da parroquia de San Salvador.
Nos últimos meses tamén se detectaron ratas en Raxó ou Monteporreiro, e neste mes de outubro o Concello contratou unha empresa para desrratizar, pero polo de agora os veciños non se notaron o efecto.