CRTVG

Buscar

Denuncian a perigosidade das fochancas dunha pista en San Vicente do Burgo, en Lugo

Publicado o 10/01/2019 13:37

Veciños dunha parroquia da zona rural de Lugo denuncian a perigosidade das fochancas que hai na pista que a atravesa. A causa dos buratos está nun rego mal canalizado que pasa por debaixo da estrada. Din que xa se teñen producido accidentes e reclaman o arranxo do firme e de todo o tramo para evitar máis riscos.

Os vehículos que pasan por esta parroquia de San Vicente do Burgo, en Lugo, teñen que ter coidado para non meter as rodas nestas fochancas. E iso os que coñecen a pista porque, os que non, acaban tendo problemas debido ao fondos que son os buratos. A causa da deterioración da pista está no regato que pasa pola súa beira e cuxas obras de canalización están danadas. Así, a auga coáse por debaixo do firme e vaino levantando dando lugar a fochancas cada vez máis profundas e nas que xa se teñen producido accidentes

A auga métese no firme e dá igual que boten asfalto para tapar os buratos porque acaba volvendo romper. Hai que canalizar todo de novo.

Os veciños aseguran que xa houbo sinistros por causa das fochancas. Sobre todo en vehículos de persoas que non coñecían a zona e que non contaban atopar buratos tan fondos. Tamén din que a pista empeora cada vez que chove porque o regato reborda e arrastra parte do asfalto. Afirman que de nada serve repoñer o firme e que o que se necesita é cambiar as tubaxes que canalizan o regato, que son vellas e están rotas.

Xa houbo varios golpes con coches. E coa maquinaria agrícola non podemos pasar sen pisar nas fochancas. A ver se o arranxan pronto. A asociación V¡veciñal xa solicitou o arranxo integral do tramo en varias ocasións, pero a súa demanda non foi atendida.

Noticias web

10/01/2019