CRTVG

Buscar

Denuncian a celebración de festas privadas en plena terceira onda de contaxios

Publicado o 03/02/2021 14:47

Imaxes de festas en pisos e locais seguen difundíndose en plena terceira onda de contaxios e cos hospitais ao límite.

As medidas de restrición adoptadas para reducir a incidencia do virus son duras, pero imprescindibles. Os hospitais están ao límite e as mortes seguen subindo. Por iso, casos como a celebración do aniversario dunha adolescente en Cambre ou unha celebración familiar denunciada en Teo poden desembocar nun gromo de contaxios.

Ante esta situación, as autoridades non se cansan de chamar á prudencia.

Coa hostalería pechada, din, os domicilios non se poden converter nun espazo para festas e celebracións.

Noticias web

03/02/2021