CRTVG

Buscar

Denuncian a agresión a dous petróglifos do Castriño de Conxo, en Santiago

Publicado o 22/05/2019 17:09

Nova agresión ao patrimonio histórico, desta volta estragaron un dos petróglifos dos máis emblemáticos da arte rupestre galega. Trátase destes gravados do Castriño de Conxo, en Santiago. Alguén riscou cun obxecto punzante a superficie da pedra eliminando a pátina original e estragando a superficie interna das figuras. Nalgúns puntos do gravado mesmo se aprecian pequenos desprendementos de pedra.

Responsables do colectivo A Rula denunciaron está agresión a uns gravados que describen como unha das xoias do patrimonio rupestre compostelán e un dos conxuntos máis importantes da arte prehistórica galega.

A investigación do acontecido corre a cargo da policía autonómica, que xunto cos técnicos de patrimonio da Xunta tratan de localizar os autores deste atentado contra uns gravados incluídos no catálogo de Bens Culturais Protexidos de Galicia.



 

Noticias web

22/05/2019