CRTVG

Buscar

Denunciadas tres festas ilegais en Marín e unha en Carballo

Publicado o 08/02/2021 21:08

O volume da música e o balbordo foi o que alertou unha veciña da rúa do Salgueiro de Carballo da festa que se estaba a celebrar nun local próximo á súa vivenda. Cando chegou a Policía Local atopou no interior 6 mozos consumindo alcohol, sen máscara e sen gardar as distancias de prevención. Estaban a celebrar unha festa de aniversario e aseguraron descoñecer a normativa vixente, que prohíbe as reunións entre non conviventes.

Neste mirador da praia de Mogor foi onde a Policía Local de Marín sorprendeu 8 mozos facendo botellón o domingo pola tarde. A veciñanza, outra volta, deu o aviso. O día anterior, os axentes desmantelaron unha festa vespertina nunha casa abandonada e na que participaban 16 persoas.

Aí non quedou a cousa, porque o mesmo sábado pola noite acudiron a un domicilio particular onde, segundo os residentes do edificio, había unha reunión de, alomenos, unha decena de persoas non conviventes. O propietario podería ser multado por varias infraccións.

Non é o comportamento habitual, di a policía marinense, pero a fin de semana pasada saldouse con 44 propostas de sanción por incumprir as normas anticovid.

Noticias web

08/02/2021