CRTVG

Buscar

Denunciadas case 200 persoas por festas ilegais en Fuerteventura e Zaragoza

Publicado o 18/04/2021 13:15

Se o sábado sabiamos dunha festa ilegal en Vigo, con máis de 20 denunciados, este domingo coñecemos máis casos noutros lugares de España.

A de máis asistentes é esta de Corralejo, na illa canaria de Fuerteventura. Axentes da Garda Civil e a Policía Local da Oliva desprazáronse ata esta vivenda vacacional alertados polos veciños.

No seu interior identificaron 84 turistas que estaba de festa. Non respectaban as medidas contra a covid e algúns mesmo compartían bebidas do mesmo vaso. Todo eles recibiron a súa proposta de sanción.

E en Zaragoza foron 58 as persoas identificadas neste edificio de pisos turísticos, alugaran a vivenda para facer unha festa ilegal; aínda que a ocupación máxima permitida era de 5 persoas, había case 60.

Noticias web

18/04/2021