CRTVG

Buscar

Denuncia a perda de 16 décimos de lotaría por mala práctica na entrega

Publicado o 09/12/2020 14:31
Denuncia a perda de 16 décimos de lotaría por mala práctica na entrega

José Antonio García garda na súa casa de Pontevedra unha manchea de sobres que, di, contén felicitacións de Nadal acompañadas dunha participación de lotería para familiares e amizades en Bos Aires, Barcelona, etc.

Está desgustado porque pensaba enviarlles lotaría da Fonsagrada, coma sempre, e tivo que cambiar de plan precipitadamente. Porque os 16 décimos que lle mandaron de alí por unha transportista foron para outra casa, onde din que tiraron o envío ao lixo.

José Antonio explica que quen asinou o "recibín" e puxo o seu DNI foi o propio repartidor para xestionar sen demora a entrega, e en lugar de deixarlle a el o envío deixoullo a unha veciña, que llo entregou aos residentes do número 24. Deste xeito, cre que quen tivo o fallo foi o repartidor "por asinar el".

José Antonio presentou denuncia do sucedido e, acto seguido, foi mercar 16 décimos de lotaría para compartir cos seus.

Iso si, de números distintos aos que lle enviaran da Fonsagrada e que chegaron ao seu barrio de Mourente, pero non á súa casa, senón á dun veciño.

Noticias web

09/12/2020