CRTVG

Buscar

Dentro dunha semana cambian os prezos da luz

Publicado o 25/05/2021 13:16

O próximo martes 1 de xuño entrarán en vigor os cambios na parte regulada da factura eléctrica. Busca incentivar o consumo nos momentos en que hai menos demanda de enerxía. Así que para aforrar deberemos mudar hábitos porque o prezo variará en función da hora do día. Haberá tres tarifas horarias:

A hora punta, a máis cara: entre as 10 da mañá e as 2 da tarde, e das 6 da tarde ás 10 da noite de luns a venres.

A hora chá, de prezo intermedio: vai das 8 ás 10 da mañá, das 2 ás 6 da tarde e das 10 ás 12 da noite de luns a venres.

A terceira tarifa, a máis barata, en que a luz nos poderá saír ata un 95 % máis barata: é a hora val, abrangue das 12 da noite ás 8 da mañá de luns a venres e todas as fins de semana e os festivos nacionais.

Se queremos pagar menos pola luz, haberá que adaptar os costumes e usar os electrodomésticos de maior consumo nas faixas máis económicas. Pero os consumidores venlle inconvenientes.

Outro modo de rebaixar a factura será diminuíndo a potencia contratada que é a que nos permite ter máis electrodomésticos en marcha a un tempo.

 

Noticias web

25/05/2021