CRTVG

Buscar

Denís Suárez, unha vida de fútbol, regresa a Vigo para triunfar no R.C. Celta

Publicado o 30/06/2019 17:21

Desde aquel rapaz que viña do Porriño Industrial e marabillaba co oito ás costas nos xuvenís do Celta, Desde aquel rapaz tan codiciado, a este Denis vai toda unha vida de fútbol.. Porque as penurias económicas celestes o convidaron a facer a maleta e marchar por un millón de euros ao Manchester City. Alí continuou a súa progresión e mesmo acadou o Europeo sub-21 con España.

O Barça fíxose cos seus servicios e estivo no B, antes de marchar cedido ao Sevilla. Alí foi onde se fixo fútbolista de primeiro nivel e gañou unha Europa League. Asinou en Vilarreal e da man de Marcelino se confirmou como unha referencia do fútbol español. Internacional absoluto con Del Bosque. Parte importante da selección galega. E de volta a Barcelona. Estivo tres temporadas nas que foi de maís a menos, con préstamo final ao Arsenal incluído.

E agora regresa. Volve a casa. A onde todo comezou, disposto á difícil tarefa de ser profeta na túa terra.

Noticias web

30/06/2019