CRTVG

Buscar

Denis Suárez non agocha a súa decepción polo inicio de liga do Celta

Publicado o 08/10/2021 13:38

Denis cre que é un problema colectivo e individual, que o Celta está por debaixo das súas posibilidades, que ten un orzamento alto e que ten que pelexar por cotas máis altas. Dous triunfos en oito partidos. Pouca produción para unha temporada que tiña a ilusión por bandeira.

"Estamos moi por embaixo do agardado, o club é dos poucos que mellorou o orzamento e ten que aspirar por cotas máis altas, non estar aí abaixo. Van oito xornadas e esa mensaxe de que queda moito non pode durar. Hai que gañar xa", comentou Denis.

Noticias web

08/10/2021