Denis sela un agónico triunfo no 94
Aspas fallou un penalti no 72 pero o Celta atopou o premio ao seu dominio no tempo engadido
O Celta sumou o primeiro triunfo como local grazas a un gol de Denis Suárez no minuto 94. Parecía que ía ser outra noite negra, sobre todo porque no minuto 72 dispuxo dun penalti pero o porteiro Maximiano atinou coa traxectoria do lanzamento de Iago Aspas. Con todo, apareceu o de Salceda de Caselas para marcar no momento máis oportuno.
Foi un partido de claro dominio celeste, cun Granada en crise de resultados e pechado no seu campo. No primeiro tempo houbo poucas opcións de ataque; a máis clara, cun remate de Santi Mina. Na segunda metade o Celta aumentou o dominio, pero o desacerto ofensivo impediu un triunfo que merecía. O Granada tivo a súa mellor ocasión no minuto 92 cunha dobre ocasión que salvou Dituro, a xogada anterior ao tanto celeste.