CRTVG

Buscar

A violencia vicaria considérase desde hoxe en Galicia como unha agresión machista

Publicado o 29/07/2021 08:21

Dende hoxe en Galicia, a violencia vicaria será considerada agresión machista. E, non só cando o agresor actúe contra os fillos da muller para lle facer dano, senón tamén cando se practique con calquera persoa do seu ámbito máis íntimo. Esta medida pioneira permite ampliar os delitos de violencia de xénero.

A norma inclúe dentro do concepto de violencia de xénero esa violencia vicaria, entendida esta como "o homicidio, asasinato ou calquera outra forma de violencia" exercida sobre os fillos da muller, ou sobre calquera outra persoa "estreitamente unida a ela", coa finalidade de causarlle o maior dano por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou mantivese unha relación análoga, aínda sen convivencia.  

O DOG tamén publicou este mércores o texto legal que aspira a garantir a "igualdade real" entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación.   E

ntre outras cuestións, o texto estipula "a garantía" de que os períodos de tempo dedicados a permisos ou con reducións de xornada por razóns de conciliación ou coidado de menores, familiares ou persoas dependentes non repercutan na formación e na carreira docente e investigadora.

Noticias web

29/07/2021