Dende este luns haberá máis barcos para poder cruzar a ría e comunicar Vigo con Cangas
Publicado o 01/06/2020 15:10
Amplíaranse os horarios e tamén as frecuencias entre as dúas beiras. Dende as sete da mañá e ata as dez e media da noite, de luns a sábado, as navieiras que cobren a liña Vigo Cangas darán un maior servizo aos usuarios.
Era a demanda da cidadanía cando comezou a fase dúas.
Porque o número de pasaxeiros reduciuse ata un 85%, e nótase sobre todo na xente xove e estudantes que o usaban a diario. Tamén a partir de hoxe volven as viaxes en domingo e festivo.
Máscaras, xeles desinfectantes e mesmo barcos máis grandes para garantir a seguridade.
Todas as precaucións para volver á nova normalidade dun servizo que seguiu funcionando durante a pandemia.