CRTVG

Buscar

Dimite o vicefiscal xeral dos EUA, figura decisiva na investigación da trama rusa

Publicado o 30/04/2019 07:59

O vicefiscal xeral dos Estados Unidos, Rod Rosenstein, presentou a súa dimisión nunha carta dirixida ao presidente Donald Trump.

O número 2 do Departamento de Xustiza estadounidense, figura clave na investigación da trama rusa, abandonará o seu posto a partir do próximo 11 de maio.

A marcha de Rosenstein agardábase desde hai meses, pero o vicefiscal foi adiándoa para axudar o seu xefe, o fiscal xeral Wiliam Barr, coa difusión do informe Mueller sobre a inxerencia rusa.

O seu substituto, Jefrey Rosen, deberá ser confirmado polo Senado antes de asumir o cargo.

Noticias web

30/04/2019