Desmantelan unha plantación de marihuana en Moraña
Publicado o 06/08/2020 15:10
A Garda Civil desmantelou unha plantación de marihuna en Moraña. Incautáronse de preto dun millar de plantas e detiveron o propietario como presunto autor dun delito contra a saúde pública. Tamén o acusan de fraude, xa que supostamente enganchara a luz do tendido eléctrico de forma irregular.
Dentro do almacén o cultivo estaba perfectamente organizado. Había seis estancias para separar as plantas por tamaños, estado de floración e mesmo tiña un habitáculo para o secado da droga.