CRTVG

Buscar

Demandan un ciclo de formación en panadería para Lugo

Publicado o 16/05/2019 20:16

A pesar da calidade do pan artesán que se fai en Lugo, a día de hoxe non existe un centro onde os profesionais poidan formarse. Para mudar esta situación, a asociación provincial de panadeiros vén de propoñerlle á Consellería de Educación que se imparta un grao medio de técnico en panadería no instituto Sanxillao da capital luguesa.

César Fieiras, presidente de AFAPAN: "Propoñemos un ciclo de formación para formar mozos de forma dual, coñecementos teóricos e con prácticas nos nosos obradoiros para que os mestres panadeiros actuais poidan transmitir a súa experiencia niso."

A instauración dunha titulación específica centrada na elaboración de pan serviría para satisfacer a demanda de profesionais cualificados que actualmente existe no sector. De feito, os panadeiros lucenses aseguran que habería saída laboral para os alumnos deste ciclo de formación.

Óscar Illán, panadeiro artesán: "A demanda duns cursos para que a xente saiba diferenciar unha masa conxelada, facer er un bo fermento e este tipo de cousas é básico. Nós topámonos cunha carencia de xente cualificada para traballar."

A día de hoxe, na provincia de Lugo elabórase pan artesán nun cento de obradoiros.

Noticias web

16/05/2019