CRTVG

Buscar

Delcy Rodríguez viaxou a España para reunirse con Zapatero, asegura o 'ABC'

Publicado o 15/10/2021 15:10
Delcy Rodríguez viaxou a España para reunirse con Zapatero, asegura o 'ABC'

A polémica pola viaxe de Delcy Rodríguez a España continúa, case dous anos despois. O xornal ABC desvela que a vicepresidenta de Venezuela veu invitada por José Luis Rodríguez Zapatero, segundo ela mesma asegurou ao ser interceptada en Baraxas.

A número dous de Nicolás Maduro tiña prohibido o tránsito en territorio comunitario, pero contaba cunha reserva nun hotel de Madrid e cita médica na capital, onde tamén planeaba ir de compras. O exministro José Luis Ábalos acudiu ao aeroporto para xestionar a saída de Delcy Rodríguez.

Noticias web

15/10/2021