CRTVG

Buscar

Decretan prisión para o mozo acusado de botarlle ácido á súa exparella e unha amiga en Málaga

Publicado o 18/01/2021 19:37
Decretan prisión para o mozo acusado de botarlle ácido á súa exparella e unha amiga en Málaga

Prisión sen fianza para o mozo acusado de botarlle ácido á súa exparella e unha amiga en Málaga. O xuíz acúsao de dous intentos de homicidio.

O agresor negouse a declarar ante o instrutor. Só respondeu as preguntas da súa avogada. Xunto con el compareceron outras 6 persoas que lle axudaron na súa fuxida. Dúas delas ingresarán tamén no cárcere.

As dúas feridas seguen no hospital en estado grave. O acusado ten a finais de mes un xuízo por violencia machista contra unha parella anterior.



 

Noticias web

18/01/2021