CRTVG

Buscar

Comisados en Madrid 400 quilos de cocaína procedentes de Galicia

Publicado o 28/02/2019 09:03

A droga, 400 quilos de cocaína, comisouse nunha nave industrial de Madrid. A investigación policíal sitúa o punto de entrada nas Rías Baixas. Dende a costa galega levárona ata Madrid, onde estaba almacenada á espera de trasladala fóra do país. O destino da cocaína era o mercado británico.

Segundo a policía, foi unha organización hispano-británica a que introduciu a droga, e sospeitan da participación dun dos grandes clans da droga das Rías Baixas. A operación continúa aberta. 

Noticias web

28/02/2019