CRTVG

Buscar

Declárase un incendio en Quiroga que xa queimou once hectáreas

Publicado o 30/08/2021 11:36
Declárase un incendio en Quiroga que xa queimou once hectáreas

Os efectivos de loita contra o lume traballan na extinción dun incendio forestal que permanece activo no concello de Quiroga.   

O lume orixinouse pasada a medianoite na parroquia do Hospital, nun dos municipios da serra do Courel que forma parte de Rede Natura, aínda que desde a Consellería de Medio Rural non teñen confirmación de que afecte a zona de protección.  

De momento, o incendio está activo e afecta unhas once hectáreas. Os servizos de extinción contan con apoio aéreo, con avión e helicóptero, ademais de brigadas e motobombas.

Noticias web

30/08/2021