Declaran O Grove como mellor destino para viaxar con cans
Publicado o 30/12/2019 14:46
O Grove é un concello amigo dos animais e, en concreto, dos cans. E esta realidade tradúcese nos servizos que ofrece aos seus vistantes. O Grove foi pionerio na creación de praias caninas ou de parques e circuítos para estes animais, que, ademais, poden aloxarse en moitos establecementos do concello.
Por todo isto, o Grove acaba de ser proclamado o mellor destino turístico de España para viaxar con cans. Un galardón que supón un importante pulo a unha aposta decidida por este segmento de mercado.
O premio recoñece o esforzo de entes públicos, empresas e particulares por incentivar a convivencia entre persoas e animais en espazos sostibles.