CRTVG

Buscar

Declaran nos xulgados os detidos na operación antidroga de Marín

Publicado o 22/09/2019 14:44

Polo xulgado pasaron xa esta mañá os detidos na operación antidroga que tivo lugar o xoves en Marín. Os detidos chegaron aos xulgados de Marín a primeira hora desta mañá.

O xoves foron detidas cinco persoas, pero a operación segue aberta e estendeuse a outras provincias españolas, polo que é posible que a causa remate na Audiencia Nacional.

O rexistro dunha nave situada na parroquia de Coirados, en Marín, deu como resultado a incautación de 500 quilos de cocaína, segundo informaron fontes da investigación.

 

Noticias web

22/09/2019