CRTVG

Buscar

Declaran na Policía as amigas de Samuel: "Estamos contentas coa investigación"

Publicado o 07/07/2021 14:19

Dúas das amigas de Samuel prestaron declaración esta mañá na Coruña. Aínda continúan declarando tamén os tres detidos relacionados co asasinato do mozo coruñés. De momento, hai moi pouca información. Sábese que son tres mozos galegos, da Coruña, de 20 a 25 anos: dous rapaces e unha rapaza. Entre eles, estaría a persoa que empezou a pelexa. Despois, parece que o grupo de agresores foi aumentando. Perseguiron a Samuel varios metros e mallaron nel unha e outra vez ata asasinalo. 

Noticias web

07/07/2021