CRTVG

Buscar

Declaran na Audiencia catro detidos na operación policial de Alu Ibérica

Publicado o 05/03/2021 17:44

Catro persoas declararon este venres na Audiencia Nacional en relación coa operación policial levada a cabo nas instalacións de Alu Ibérica. Son os tres detidos este xoves e outra máis que estaba de viaxe e que se presentou ante a policía. Queda por saber agora que tipo de medidas adopta a xuíza María Tardón. 

A maxistrada investiga a presunta despatrimonialización fraudulenta das plantas da antiga Alcoa na Coruña e en Avilés. A investigación comezou tras unha querela dos traballadores contra Alcoa e outras 18 persoas máis por supostas irregularidades na venda das dúas plantas da compañía no verán de 2019.

Noticias web

05/03/2021