O xurado declara culpable o acusado por asasinato no crime de Ordes
Publicado o 02/10/2020 15:16
Xa hai veredicto polo caso do crime de Ordes. O xurado declara o acusado culpable de asasinar con aleivosía un home tras cravarlle unha arma branca no pescozo no transcurso dunha lea.
Foi por maioría, 7 votos a favor e 2 en contra. A Fiscalía e as dúas acusacións solicitan 20 anos de cárcere, unha pena que agora decidirá o titular da sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña.