CRTVG

Buscar

Declaran culpable de asasinato o acusado de acoitelar un home á saída dun bar en Betanzos

Publicado o 23/04/2021 19:30
Declaran culpable de asasinato o acusado de acoitelar un home á saída dun bar en Betanzos

O xurado popular declara culpable de asasinato un home que acoitelou a outro durante unha pelexa en Betanzos. Os feitos ocorreron en 2018 á saída dun bar. Os dous homes comezaron unha pelexa. O acusado sacou unha navalla e despois de acoitelar a vítima fuxiu. 10 días despois entregouse nun cuartel da Garda Civil. Durante o xuízo, o acusado dixo que el actuara en defensa propia e sen intención de matar. O fiscal pide para el 13 anos de cárcere e a acusación particular 20. A sentenza coñecerase nos vindeiros días.

Noticias web

23/04/2021