Declaran como publicidade enganosa o desodorizante que promete reducir a temperatura 6 graos
Este é un dos catro anuncios da última campaña televisiva dunha coñecida marca de desodorizantes. Prometía reducir a temperatura corporal seis graos.
A asociación Consumidores en Red denunciouno ante Autocontrol, e o pleno do xurado do organismo independiente de autorregulación da industria publicitaria en España acaba de resolver que é unha publicidade enganosa que incumpre o código de conduta publiciataria. A resolución é firme e agora a marca terá que modificar a súa mensaxe.
Pódese exasexar en publicidade, pero non todo vale. O obxectivo de Autocontrol é velar por unha publicidade responsable: veraz, legal, honesta e leal, e cada vez son máis os usuarios que presentan as súas denuncias a través de asociacións como a de Consumidores en rede.